Como apoiar a Folga Feminista

O 8 de marzo, tomaremos as rúas para dicir basta á violencia machista e ao cerceamento dos dereitos civís, humanos, sexuais e reprodutivos das mulleres en todo o planeta. Hai diversas maneiras de apoiar e participar da folga, aquí partillamos algunhas ideas sobre como facer a folga de coidados, consumo, laboral e estudantil: A Folga Feminista.

Folga de coidados

Con esta folga queremos facer patente que o sistema económico colapsaría sen o noso traballo cotián de coidados. Un traballo que está invisibilizado e desvalorizado cando o sistema se sostén pola apropiación que fai dos coidados que realizamos as mulleres.

Folga laboral

Unha folga laboral significa non realizar o traballo asalariado en empresas, comercios, fábricas, servizos públicos de saúde, educación, coidados, educativos. Coma se durante esta xornada desaparecésemos fisicamente de todos eses espazos que ocupamos.

Folga de consumo

Queremos parar de consumir, parar os mercados dos nosos barrios e pobos, non haberá froiteiras, carniceiras, pescantinas, non haberá consumidoras, queremos parar a cidade. Pero tamén queremos construír estratexias de consumo alternativo, que respecten os nosos dereitos e as nosas vidas.

Folga estudiantil

Queremos parar nos colexios, institutos e universidades porque o sistema educativo en todas as súas etapas é o principal espazo de socialización no que se reproduce o actual sistema capitalista e patriarcal e está moi lonxe de ser un espazo no que se crece en equidade e igualdade social.

Visibiliza o teu apoio

Se tes dun local, un comercio, un establecemento ou participas nun centro social, cultural ou unha asociación, non dubides en imprimir o teu cartaz de apoio á folga! E se coñeces espazos que sabes que apoiarían unha Folga Feminista, faillo chegar!

  • Muda a imaxe de perfil nas túas redes sociais.
  • Instala mensaxe automática de “fóra da oficina” no email e explica o porque.

Bloquea camiños e rúas

  • Participa nas manifestacións e marchas que se están a organizar para este día.
  • Coloca panos lilas no teu coche e nas varandas e ventás da túa casa.

E os homes…

Facemos un chamado a todos os homes aliados e solidarios coa causa da igualdade a que participen apoiando a Folga nun segundo plano, exercendo as tarefas do fogar, coidados e outros traballos que normalmente desenvolven as mulleres da súa contorna; acompañando, sen protagonismos, tamén as accións que se desenvolvan nese día ou á cola nas manifestacións.

Temos moitas razóns para facer folga:

Z

Porque non queremos que haxa nin unha menos.

Z

Porque o noso traballo de coidados non se valora nin se visibiliza.

Z

Porque non temos igualdade no emprego.

Z

Porque os nosos corpos seguen a ser mercantilizados.

Z

Porque a nosa sexualidade está colonizada.

Z

Porque queremos decidir por nós mesmas ser nais e non selo.

Z

Porque somos insumisas ao sistema patriarcal.

Z

Porque non nos deixades parar.

Z

Para visibilizar que sen nós o mundo para.

Queres preguntar algo?

10 + 3 =

Share This