Folga Feminista | 8 de Marzo 2018

Dia(s)

:

Hora(s)

:

Minuto(s)

:

Segundo(s)

Neste espazo imos partillar os materiais xerados polo traballo en rede dos feminismos dos diferentes territorios para difundir  e espallar a Folga Feminista.

Xuntas somos máis fortes!

Comezamos a conta regresiva cara á folga feminista do 8 de marzo co lanzamento deste sitio web.

A Folga Feminista é unha chamada para parar o consumo, o traballo doméstico e o coidado, o traballo remunerado e os estudos para denunciar a desigualdade e a violencia contra as mulleres en todas estas áreas. E queremos paralo todo!

É por iso que pedimos o teu apoio, porque entre todas temos máis forza e imos máis aló. Queremos que todas as mulleres coñezan a folga para que poidan participar e por iso, para centralizar a información, creamos este sitio web onde podes atopar información de eventos, reunións e mobilizacións, tanto anteriores como no mesmo 8 de marzo.

Tamén podes atopar os materiais xerados polo traballo en rede dos feminismos dos diferentes territorios para difundir  e espallar a Folga Feminista e algunhas ideas sobre como facer a folga de coidados, consumo, laboral e estudantil: a folga feminista.

Desde a Plataforma Feminista Galega xuntamos, como xa fixemos en marzo do 2017, á acción colectiva internacional na que participamos miles de grupos e persoas de moitos lugares do mundo. Mas desta volta queremos ir máis aló e por iso,  en coordinación cos feminismos dos diferentes territorios do estado, convocámonos a unha Folga Feminista para o 8 de Marzo de 2018 tal e como acordamos as máis das 400 mulleres que participamos no II Encontro Estatal. Convocámonos todas, porque nos necesitamos todas para quebrantar os privilexios dunha sociedade patriarcal e capitalista, racista e heteronormativa.

Somos moitas, pero seremos máis porque: se paramos todas paramos todo.

O 8 de marzo pode ser un gran día nesta revolución que puxemos en marcha a revolución feminista!

Feminicidios nos últimos 15 anos

%

A diferenza salarial media entre homes e mulleres

Millóns de mulleres foron acosadas sexualmente

Share This