Xuntamos á convocatoria de folga laboral e folga de coidados e consumo proposta por varios colectivos, grupos de mulleres e feministas de multitude de ámbitos e territorios. Por iso animamos a secundar a Folga Feminista: laboral, de coidados, de consumo e estudantil e a participar nas manifestacións e actos que se van desenvolver o 8 de marzo nas diferentes cidades e vilas do país.

Facemos un chamado a todas as mulleres a parar nos nosos postos de traballo, nos espazos de coidados e nos hábitos de consumo. Queremos que esta folga sexa visible e teña repercusión.

Fai que máis mulleres se xunten

Promove asembleas na túa vila, cidade, barrio, asociación… e convida a outras mulleres para difundir a Folga Feminista e organizar formas creativas de adhesión á Folga de Mulleres.

Animamos a que a convoquedes na vosa contorna mais próxima e accesible (unha praza, na casa, na tenda, oficina, centro de ensino ou cadea de montaxe, todo vale). Temos moitas razóns para parar:

  • Paramos porque non queremos que haxa nin unha menos.
  • Paramos porque o noso traballo de coidados no fogar e fóra del non se valora nin visibilizan.
  • Paramos porque non temos igualdade no emprego.
  • Paramos porque os nosos corpos se seguen mercantilizando.
  • Paramos porque a nosa sexualidade está colonizada.
  • Paramos porque non nos deixades parar.
  • Paramos para que nos escoitedes.
  • Paramos porque estamos encabuxadas.
  • Paramos porque somos insumisas ao sistema patriarcal.
  • Paramos para visibilizar que sen nós o mundo para.

Se tan innecesarias somos, pois paramos.

Share This