Folga laboral

Ideas

Algunhas mulleres non poderán parar se non se dan as garantías laborais imprescindibles porque pode supor que algunha muller acabe na rúa. Pero todas podemos facer algo.

Unha folga laboral significa non realizar o traballo asalariado en empresas, comercios, fábricas, servizos públicos de saúde, educación, coidados, educativos. Coma se durante esta xornada desaparecésemos fisicamente de todos eses espazos que ocupamos.

  • Facer campaña con anterioridade nos centros de traballo, explicando as razóns da folga, debatendo sobre a situación laboral das mulleres no teu sector, facendo asembleas e reunións informativas sobre a folga por parte dos comités de empresa e as seccións sindicais.
  • Infórmate das cuestións legais.
  • As mulleres con contratos, regularizadas, legalizadas poden non asistir aos seus centros de traballo. Organizar mobilizacións.
  • Facer unha folga xeral de mulleres exponnos a moitas de nós ao problema da gran precariedade dos nosos traballos e a vulnerabilidade da nosa situación no mundo laboral e na vida en xeral. Isto engádese á dificultade que todas temos para facer folga. Moitas mulleres non podemos nin sequera exercer ese dereito. Somos mulleres inmigrantes sen papeis, en traballos da economía somerxida, de traballo doméstico, de coidados a particulares, en pequenos talleres ilegais, pequenos comercios, en hostalaría traballando sen contrato.
  • Se es traballadora do fogar, inmigrante sen papeis, empregada dun pequeno comercio e non podes parar ese día tamén podes antes do día 8 organizar actividades para dar a coñecer a folga.
  • E en todos os espazos é posible reflexionar colectivamente que poden facer todos e cada un dos homes para mudar unha situación de discriminación no emprego sobre a que xa se deberían manifestar contrarios.
A convocatoria de Folga Xeral cubre a homes e mulleres, en todo caso aqueles homes que secunden a foga laboral deberían facelo para cubrir os servizos mínimos de coidados e para axudar nas tarefas de loxística e apoio no desenvolvemento da xornada. Isto axudará a facer máis visible realmente a folga de mulleres nos eixos da folga feminista: laboral, de coidados, consumo e estudantil. Se realmente es solidario… acompaña sen protagonismos 😉
Share This