Listaxe actualizada o 06/03/2018

FolgaXeralfeministaEn todos os territorios estamos a nos organizar #CaraAFolgaFeminista. O 8 de marzo estamos chamadas á folga laboral, estudantil de coidados e de consumo. Acude ás mobilizacións convocadas na túa vila ou cidade!! A túa presenza é importante!!

Recollemos as convocatorias locais confirmadas até este momento para o propio día 8 de marzo en distintas cidades e vilas do país. Compilamos todas aquelas das que temos información neste momento. Se na túa vila ou cidade hai unha convocatoria e non está recollida… fainos chegar a información para podermos difundir e que chegue a máis mulleres!

Coruña: Manifestación. Saída ás 19h do Obelisco
Compostela: Ás 12h concentración na Praza Roxa e ás 20h manifestación dende a Praza 8 de marzo
Lugo: Ruada nocturna. Saída 20h do Multiusos da Xunta
Ourense: Concentración ás 13h na Praz maior e manifestación con saída ás 20h dende a Subdelegación do Goberno
Vigo:  Ás 12h concentración na Rúa do Principe e ás 20h manifestación desde a Praza de Portugal
Marín: Manifestación. Saída ás 20:30h da Casa do Concello
Ferrol: Manifestación. Saída ás 20h da Praza Amada García (edificio da Xunta)
Monforte: Manifestación. Saída ás 20h da Praza de España
Cangas: Concentración ás 12.30h na plaza do Concello e ás 20h manifestación
Vilalba: Concentración desde as 11:30 até as 21h na Praza da Constitución
Pontevedra: Concentración de 12:30 a 14:00 na Praza da Peregrina (sindicatos). Un grupo de mulleres feministas chaman a sairmos de novo ás rúas e concentrarnos na Praza da Peregrina ás 20h.
Ponteareas: Concentración ás 12.00 na Praza Bugallal.
Ribeira: Concentración ás 20h na Praza do Concello
Cee: Concentración ás 20:00 na Praza 8 de Marzo
Redondela: Concentracións con lectura de textos ás 12 e ás 19h na Praza da Constitución
Allariz: Concentración a partir das 12:30 na Praza Maior
Chantada: Concentración, ás 12.00 na Praza de Galicia (Xulgado)
Ribadeo+Viveiro+ Burela: convivio e actividades no local da Asociación Xebra a partires das 16:00. Marcha de mulleres ás 19:30 desde a estación do tren. Concentración na Praza da Mariña ás 20:00
O Barco de Valdeorras: Concentracións ás 13:00h e ás 20:00h na Praza do Concello
Verín: Concentración 12h na Praza do Concello
Vilagarcía: Concentración ás 20:00 en Rey Daviña
Moaña: Concentración ás 12:30 e ás 20h na Praza do Concello
A Illa de Arousa: MARCHA POLA IGUALDADE REAL ENTRE MULLERES E HOMES! Saída da lonxa ás 18:00 horas ata o concello. Encamba o teu mandil e “sapateámolo” ó final da marcha. Lectura de manifesto e canción “O Verdegaio”. Trae instrumentos musicais ou ferramentas de traballo para facernos oir
Miño: Concentración no cruce da Carreira ás 12
Lalín: Concentración organizada por Azos Feministas, ás 12:30h, na Praza da Igrexa.
O Porriño: Concentración na Praza Antonio Palacios ás 12:30h
Val Miñor: Ás 12:00, saídas dende Nigrán, Gondomar e Baiona. Ás 13:00, concentración na Ramallosa.
Carballo: Concentración ás 12:30h na Praza do Concello
Muros: Concentración ás 12h no Curro da Praza
Ames: Concentración ás 12h na Praza do Concello
Carral: Concentración ás 20h na Praza da Capela
Noia: Concentración ás 20h na Alameda
Viana do Bolo: Concentración na Praza Maior ás 12h
Rianxo: Concentración ás 12:30h na Praza Castelao
Vila de Cruces: Concentración ás 12h diante do IES Marco do Camballón
Cerceda: Concentración ás 12h no Campo da Feira
Sarria: Concentración 12:30 na Praza do Concello
Betanzos: Concentración 12h na Praza do Concello
O Grove: Concentración ás 12h na Praza do Corgo
Ordes: Concentración as 12h na alameda e diante do vello concello
Pobra de Trives Manifestación as 12:30h desde o
Concello ata a Praza do Pilón
Monterroso: Concentración 19:30 no espazo cultural Lorenzo Varela
Bergondo: concentración diante do concello ás 12h
Silleda Concentración ás 12 na Praza da igrexa

Share This