Novas

O movemento feminista fai un chamamento a todas as mulleres a secundar a folga de mulleres convocada para o próximo 8 de marzo. Aquí compartimos toda a información e novas sobre a Folga Feminista

Manifesto Folga Xeral Feminista 8M

Cada 8 de Marzo celebramos a alianza entre mulleres para defender os nosos dereitos conquistados. Foi a unión de moitas mulleres no mundo, a que conseguiu grandes vitorias para todas nós e tróuxonos dereitos que posuímos hoxe.

ler mais

Conta atrás para a folga feminista!

A Folga Feminista é unha chamada para parar o consumo, o traballo doméstico e o coidado, o traballo remunerado e os estudos para denunciar a desigualdade e a violencia contra as mulleres en todas estas áreas. E queremos paralo todo!

ler mais

Cara a Folga Feminista

O Movemento Feminista fai pública a convocatoria oficial de FOLGA XERAL FEMINISTA para o próximo 8 de Marzo. Esta iniciativa súmase á campaña pola Folga Internacional de Mulleres realizada polas feministas en distintos países do mundo.

ler mais

Facemos folga porque nos queremos libres e vivas

Xuntamos á convocatoria de Folga Feminista proposta por varios colectivos, grupos de mulleres e feministas de multitude de ámbitos e territorios. Por iso animamos a secundala e a participar nas manifestacións e actos que se van desenvolver o 8 de marzo nas diferentes cidades e vilas do país.

ler mais

Folga estudantil

Queremos parar nos colexios, institutos e universidades porque o sistema educativo en todas as súas etapas é o principal espazo de socialización no que se reproduce o actual sistema capitalista e patriarcal e está moi lonxe de ser un espazo no que se crece en equidade e igualdade social.

ler mais

Folga de consumo

Queremos parar de consumir, parar os mercados dos nosos barrios e vilas, non haberá froiteiras, carniceiras, pescantinas, non haberá consumidoras. Queremos parar as nosas vilas e cidades pero tamén queremos construír estratexias de consumo alternativo, que respecten os nosos dereitos e as nosas vidas.

ler mais

Folga laboral

Algunhas mulleres non poderán parar se non se dan as garantías laborais imprescindibles porque pode supor que algunha muller acabe na rúa. Pero todas podemos facer algo.

ler mais

Folga de coidados

Un traballo que está invisibilizado e desvalorizado cando o sistema se sostén pola apropiación que fai dos coidados que realizamos as mulleres, sen ter en conta as nosas necesidades e proxectos vitais.

ler mais
Share This